Colar feito con cunchas de mongo amarelo da artesá Patri Bea (@patribdopazo). A cor desta cuncha é natural e Patri adoita facer colares e pulseiras con elas. Ela é colareira, e segue a profesión da súa avoa, quen dedicou a súa vida ás cunchas. Cada colar é completamente único, feito a man con moito amor e coidado.
Este colar tamén presenta unha orquídea real, encapsulada en resina pola artesá Marina Gil (@petalo.xoias). Marina cultiva cada flor ela mesma, sécaa mediante un proceso lento e coidadoso e logo encapsúlaa en resina para conservala moitos anos.
Medida colar: entre 40 e 45 cm + alargador de 5 cm (si se precisa máis alargador, indicar nas notas do pedido).
Cada colar é único, e pode presentar lixeiras variacións de cor, tamaño e forma, tanto nas flores como nas cunchas, xa que son elementos naturais.
Recoméndase mollar a peza o menos posible, para evitar que se deteriore e prolongar a súa vida útil. Estes son artigos feitos a man que deben tratarse co mesmo coidado co que foron elaborados.




