💌 Envíos gratis a partir de 90 € en España peninsular 💌

Colar Caravel e Podres Vermellos

30.00€

🔔 Os colares serán enviados a partir do día 5 de novembro, xa que saen á venda o día 4. Podes reservar o teu para non quedarte sin el, hai unidades limitadas de cada un! 🔔

- +

Colar feito con cunchas de podres vermellos da artesá Patri Bea (@patribdopazo). Estas cunchas son recollidas coidadosamente en Galicia, seleccionadas, tratadas, pintadas a man e furadas pola mesma Patri. Ela é colareira, e segue a profesión da súa avoa, quen dedicou a súa vida ás cunchas. Cada colar é completamente único, feito a man con moito amor e coidado. Recoméndase mollar a peza o menos posible, xa que pode acortar a súa duración.

Este colar tamén presenta un caravel real, encapsulado en resina pola artesá Marina Gil (@petalo.xoias). Marina cultiva cada flor ela mesma, sécaa mediante un proceso lento e coidadoso e logo encapsúlaa en resina para conservala moitos anos.

Medida colar: entre 40 e 45 cm + alargador de 5 cm (si se precisa máis alargador, indicar nas notas do pedido).

Cada colar é único, e pode presentar lixeiras variacións de cor, tamaño e forma, tanto nas flores como nas cunchas, xa que son elementos naturais.

Recoméndase mollar a peza o menos posible, para evitar que se deteriore e prolongar a súa vida útil. Estes son artigos feitos a man que deben tratarse co mesmo coidado co que foron elaborados.

Carrito de compra